Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".

Concello da Coruña

CMIX

Concellería de Igualdade, Benestar Social e Participación Cidadá

Bolsas e axudas

resultados 55

  • Novas axudas á docencia virtual do alumnado na USC polo COVID-19

    Logo da USC

    Cando:

    O período subvencionable abarcará o gasto realizado dende o 16 de xuño ao 15 de xullo.

    Inscricións:

    Ata o 17/07/2020

    A Universidade de Santiago de Compostela abre a 4ª convocatoria destas axudas que teñen por obxecto o cofinanciamento de servizos de internet para o alumnado da USC coa finalidade de que poida acceder ao contido do Campus Virtual e demais ferramentas didácticas necesarias para a súa actividade académica e a correspondente avaliación

  • Programa EMEGA: fomento do emprendemento feminino en Galicia

    Logo do Programa Emega

    Inscricións:

    Dende o 07/07/2020 ata o 06/08/2020

    14:00 h. As solicitudes poden tramitarse en  https://sede.xunta.es co procedemento SI429A

    O programa Emega comprende un conxunto de axudas dirixidas a apoiar a posta en marcha, a mellora e a reactivación de iniciativas empresariais constituídas por mulleres, xunto con medidas complementarias para favorecer a conciliación da vida persoal, familiar e laboral, así como o acceso a servizos específicos de información, asesoramento e orientación empresarial co obxecto de facilitar a implantación e consolidación dos proxectos empresariais promovidos por mulleres.

  • 2.356 bolsas de colaboración en departamentos universitarios

    Clase universitaria

    Inscricións:

    Ata o 30/09/2020

    O Ministerio de Educación e Formación Profesional convoca bolsas de colaboración en departamentos universitarios para o curso académico 2020-2021

  • Axudas a entidades de iniciativa social para gastos ocasionados polo COVID-19

    Inclusión, grupo.

    Inscricións:

    Ata o 03/08/2020

    14:00 horas.

    A Consellería de Política Social convoca axudas económicas destinadas ás entidades de iniciativa social para o financiamento de gastos extraordinarios ocasionados pola crise sanitaria do COVID-19 en relación co funcionamento dos centros e realización de programas de inclusión social da súa titularidade.

  • Prazas en lectorados de lingua, literatura e cultura galegas

    Mesa con dous libros e dúas tizas ao lado dunha pizarra coas letras A, B, C.

    Inscricións:

    Dende o 03/07/2020 ata o 03/08/2020

    14:00 horas.

    A Secretaría Xeral de Política Lingüística convoca 6 prazas nos lectorados de lingua, literatura e cultura galegas para o 2020.

  • Prazas nas residencias públicas universitarias da UDC

    Residencia  Elvira Bao.

    Inscricións:

    Ata o 31/07/2020

    14:00 horas

    A Universidade da Coruña (UDC) convoca prazas de aloxamento nas residencias públicas universitarias dos campus da Coruña e de Ferrol para o curso académico 2020-2021.

  • Cesión de uso das instalacións xuvenís durante a Campaña de verán 2020

    Tendas para facer acampada.

    Inscricións:

    Dende o 30/06/2020 ata o 08/07/2020

    A Consellería de Política Social abre o prazo para solicitar o uso das súas residencias por parte de entidades xuvenís, para a programación de actividades do ámbito do ocio e o tempo libre durante a Campaña de verán 2020

  • Axudas e subvencións a entidades sen ánimo de lucro para programas de inserción sociolaboral de mulleres vítimas de violencia

    Lazo morado sobre mans de muller.

    Inscricións:

    Ata o 22/07/2020

    A Secretaría Xeral da Igualdade convoca axudas e subvencións a entidades sen ánimo de lucro para programas de deseño e implementación de itinerarios personalizados e accións específicas que favorezan a inserción sociolaboral de mulleres en situación de violencia de xénero na Comunidade Autónoma de Galicia, para os anos 2020-2021.

  • Bolsa para a formación de titulados universitarios no ámbito da I+D+i

    Pizarra con las palabras: innovation, solution; y una bombilla encendida.

    Inscricións:

    Tras a publicación da convocatoria o 22 de xuño de 2020 no DOGA, o prazo de presentación de solicitudes,  dun mes de duración, prolónganse ata o 22/07/2020.

    Por quinto ano consecutivo, a Fundación Galicia Europa (FGE) convoca, en colaboración coa Axencia Galega de Innovación (GAIN), unha bolsa para a formación en materia de políticas e programas europeos no ámbito da innovación e a investigación destinada a titulados superiores universitarios.

  • Prazas de aloxamento no Servizo Universitario de Residencias da USC - 2020/2021

    Logo da Universidade de Compostela

    Inscricións:

    Dende o 29/06/2020 ata o 28/07/2020

    ás 14:00 h.

    A Universidade de Santiago de Compostela abre a convocatoria de prazas de aloxamento do Servizo Universitario de Residencias (SUR) para o curso 2020/2021, un total de 1.061 prazas repartidas por sectores e grupos.

resultados 55

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión