Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".

Concello da Coruña

CMIX

Concellería de Igualdade, Benestar Social e Participación Cidadá

Bolsas e axudas

resultados 42

  • Bolsas WONNOW AWARDS 2020

    Cartel co nome do premio

    Inscricións:

    Ata o 30/04/2020

    CaixaBank e Microsoft convocan conxuntamente os Premios WONNOW 2020, cuxa finalidade é galardoar a excelencia, tanto académica como persoal, de mulleres estudantes da área de ciencias, tecnoloxía, enxeñería e matemáticas nas que a presenza feminina é reducida.

  • 20 bolsas de formación en materia de arquivos

    Arquivadores e caixas.

    Inscricións:

    Ata o 18/03/2020

    A Consellería de Cultura e Turismo convoca bolsas de formación relacionada cos procesos técnicos que se realizan no ámbito dos arquivos e os seus fondos documentais. As persoas bolseiras realizarán a súa actividade nos arquivos do Sistema de Arquivos de Galicia e nos servizos centrais da Consellería.

  • Bolsas Europa FP - Proxecto Acoreuropa IX

    Xente nova reunida.

    Inscricións:

    Dende o 02/03/2020 ata o 23/03/2020

    O Concello da Coruña convoca 12 prazas do programa educativo Bolsas Europa FP-Proxecto Acoreuropa IX dirixidas a titulados/as de ciclos superiores de FP, para facer prácticas formativas de tres meses de duración en empresas de diversos países europeos.

  • XIX Convocatoria de axudas á creación 2020-2021 Fundación Antonio Gala

    Baixo o texto en maiúsculas "Fundación Antonio Gala para mozos creadores" a firma do escritor.

    Cando:

    de outubro de 2020 ata maio de 2021

    Inscricións:

    Ata o 31/03/2020

    A Fundación Antonio Gala convoca anualmente as prazas de aloxamento e manutención para mozos creadores de entre dezaoito e trinta anos. O propósito destas bolsas é facilitar a mozas de prometedora traxectoria nas súas respectivas disciplinas (narrativa, poesía, teatro, composición musical, pintura, escultura, arquitectura...) o desenvolvemento dun proxecto de creación durante o curso académico 2020 - 2021.

  • Idiomas do Mundo 2020

    Maletas e bolsas de viaxe.

    Inscricións:

    Dende o 17/02/2020 ata o 06/03/2020

    O Concello da Coruña convoca o programa educativo “Idiomas do Mundo 2020”, unha actividade de inmersión lingüística no verán de 2020, co obxectivo de avanzar no dominio do inglés, francés, portugués e alemán, ademais, de permitir ao alumnado a participación nunha acción intercultural por medio do achegamento a outra cultura de Europa.

  • Bolsa de formación para a xestión de procesos de avaliación e calidade

    Libro aberto, libreta e bolígrafo.

    Inscricións:

    Ata o 12/03/2020

    A Escola Galega de Administración Pública convoca unha bolsa de formación para a xestión de procesos de avaliación e calidade.

  • Bolsa de formación en estudos relacionados co dereito administrativo

    Persoas sinalando un libro.

    Inscricións:

    Ata o 12/03/2020

    A Escola Galega de Administración Pública convoca unha bolsa de formación en estudos relacionados co dereito administrativo.

  • Axudas para a realización de cursos de idiomas na estranxeiro - Fundación ONCE

    Cartel sobre o debuxo dunha moza sobre a que está escrita"Aprende, inglés, alemán, francés"

    Cando:

    Os cursos formativos deberán desenvolverse entre o 1 de marzo de 2020 e o 15 de setembro de 2020.

    Inscricións:

    Ata o 07/08/2020

    Fundación ONCE puxo en marcha un programa de axudas de mobilidade internacional para que mozas con discapacidade de entre 18 e 29 anos poidan estudar inglés, francés ou alemán nalgún país da Unión Europea cuxa lingua oficial sexa un destes tres idiomas.

  • Bolsas Fundación Ramón Areces para Estudos de Posgrao. XXXIV Convocatoria para Ampliación de Estudos no Estranxeiro en Ciencias Sociais

    Logo da Fundación Ramón Areces

    Inscricións:

    Dende o 10/02/2020 ata o 16/03/2020

    A Fundación Ramón Areces convoca concurso de adxudicación de 24 bolsas para a ampliación de estudos de posgrao en universidades e centros de investigación no estranxeiro, durante o curso 2020/2021, sobre temas de Economía e Dereito da Unión Europea.

  • Axudas enmarcadas no programa Iniciativa Xove

    Grupo de mozas traballando nun proxecto.

    Inscricións:

    Ata o 10/03/2020

    A Consellería de Política Social convoca as axudas enmarcadas no programa Iniciativa Xove durante o ano 2020. Trátase de fomentar a participación da mocidade en iniciativas entendidas como importantes experiencias de aprendizaxe non formal, co propósito de estimular o seu espírito de protagonismo e liderado, a creatividade e o talento xuvenís e a posta en práctica das súas ideas relacionadas co emprendemento e coa empregabilidade.

resultados 42

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión