Concello da Coruña

Concello da Coruña

Bibliotecas Municipais

Área de Fomento e Promoción da cidade

Ciclo temático Viaxe por Extremo Oriente

Na biblioteca do Forum queremos dar comezo ao 2024 co propósito de viaxar ao Extremo Oriente.

Dende a Biblioteca Fórum poñemos en marcha un novo ciclo temático baixo o título "Viaxe por Extremo Oriente" de Xaneiro a Marzo.

Propoñémosvos unha viaxe na que, a través de varias etapas, iremos descubrindo tradicións, historia, cine, literatura, etc. de países como Xapón, China, Corea ou Mongolia. Sabiades, por exemplo, que en China existe un só fuso horario en todo o país? e que en Tokio, a estación de Shinjuku é a máis transitada do mundo? Por ela pasan cada día máis de tres millóns de persoas. Queredes facer con nós esta viaxe?

Esperámosvos na biblioteca entre Xaneiro e Marzo co Ciclo Temático "Unha viaxe por Extremo Oriente" cunha morea de libros, películas, etc. por descubrir e actividades para aprender e desfrutar deste incrible parte do mundo.

Programación de actividades relacionadas

  • Obradoiro de creación de manga destinado a rapaces entre 9 e 14 anos, impartido por Yago García, na Biblioteca Fórum. Neste taller faremos primeiro un pequeno percorrido histórico para comprender a importancia do manga no mundo da arte e a cultura. A continuación aprenderemos as bases para crear un manga, desde a xestación das primeiras ideas, pasando polos bosquexos, o deseño de personaxes e as súas expresións, a composición de escenas, ata a creación dun portada rechamante.

  • Obradoiro de caligrafía chinesa  para maiores de 15 anos, coñeceremos a historia dos caracteres da escrita chinesa e remataremos cun obradoiro para aprender as trazas básicas desta técnica milenaria.

Ademáis dentro da Programación de cinema XANEIRO 2024 dos  Cines Fórum Metropolitano  haberá un ciclo de cine asiático:

  • Xoves 11, venres 12 e sábado 13 de xaneiro: Ah fei zing zyun (Days of being wild) de Wong Kar-Wai

  • Xoves 18, venres 19 e sábado 20 de xaneiro: Hyakka (A hundred flowers) de Genki Kawamura

  • Xoves 25, venres 26 e sábado 27 de xaneiro: Inteurodeoksyeon (Introduction) de Hong Sangsoo

Aproveitade para botar unha ollada guía de lectura onde se recolle a colección de materiais que temos na biblioteca dispoñible para o seu préstamo sobre Extremo Oriente.

Busca no catálogo

Buscador de actividades

Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar

Se o prefires, podes realizar a túa procura combinando distintos criterios. Só tes que acceder á procura avanzada

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión