Visitas guiadas, Talleres
Infantil
Mocidade de entre 8 e 12 anos, ambas idades incluídas.
Os días 16/09/2023 ás 11:00 , 23/09/2023 ás 11:00
Xa rematou
Dende o 09/09/2023 ata o 16/09/2023
De 11.00 a 13.00 horas.
Biblioteca Municipal Sagrada Familia. Rúa Antonio Pereira 1, Bj. 15007 A Coruña
#EcoLecturas; Caderno de campo; GNHábitat; RoteiroAmbiental; Biodiversidade; PatrimonioNatural
981 184 392
Na Biblioteca da Sagrada Familia teremos un evento que busca crear conciencia ambiental: EcoLecturas.
Dentro do ciclo ambiental de "EcoLecturas" imos ter na biblioteca Sagrada Familia unhas xornadas de coñecemento, implicación e posta en valor do patrimonio natural para mozas e mozos de 8 a 12 anos, desenvolvido polo Grupo Naturalista Hábitat .
As xornadas realizarase en dous días:
O día 16 de setembro levarase a cabo un obradoiro no que se elaborara un caderno de campo artesanal.
O día 23 de setembro poñerase en uso o caderno nun roteiro ambiental polo parque de Santa Margarida. Nel descubriranse a biodiversidade da nosa contorna e farase unha retirada activa de lixo.
Actividades relacionadas
Tamén che pode interesar
Tamén che pode interesar
Prazas esgotadas e lista de espera activa? Apúntate! Explicámosche por que. + info
Para o correcto desenvolvemento e aproveitamento das actividades rógase puntualidade xa que non se poderá acceder ao espazo pasados 5 minutos da hora de inicio.
No transcurso de todas as actividades o persoal bibliotecario realiza fotografías co obxectivo de subilas logo aos escaparates virtuais, redes sociais e/ou incluílas en carteis ou guías nos que se publicitan os programas, actividades e servizos das bibliotecas.
Se non desexas saír nestas fotografías, por favor, fala connosco antes do inicio da actividade.
Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible