Concello da Coruña

Concello da Coruña

Bibliotecas Municipais

Área de Fomento e Promoción da cidade

#LunsDeEncontros: Presentación do libro "Cuando no recuerdes mi nombre" de Paula Ramos

Por tipo de actividade:

Encontros e presentacións

Por tipo de público:

Para público en xeral

Cando:

27/05/2024

Inscricións:

Acceso libre ata completar capacidade

Horario:

De 19.00 h a 20.00 h.

Enderezo:

Biblioteca Municipal Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña

Contacto:

bforum@coruna.gal

Tel.: 981 184 298

#LunsDeEncontros nace co obxectivo de ofrecer un espazo cultural aberto á cidadanía, cedendo un lugar para o desenvolvemento de actividades de promoción lectora, formación e aprendizaxe.

O luns 27 de maio ás 19.00 h na Biblioteca Municipal Fórum Metropolitano teremos a presentación do libro "Cuando no recuerdes mi nombrede Paula Ramos Barral, publicado polo editorial Talón de Aquiles.

Sinopse:

Que queda cando os recordos desaparecen? Como se chora o que aínda non marchou pero tampouco está? Que se di cando non existe nada que faga xustiza ao que un sente?

Cuando no recuerdes mi nombre é unha breve viaxe cara ao esquecemento a través dos medos, as preocupacións e os anhelos compartidos. Unha disección do Alzheimer, da dor e a tristeza, da desorde que deixa. Unha colección de sentimentos, bos, malos e innomeables. Unha homenaxe ás persoas condenadas a esquecer e ás que lembran no seu nome.

Biografía:

Paula Ramos Barral (A Coruña, 2000) é graduada en Xornalismo pola Universidade Complutense de Madrid. Pasou por La Voz de Galicia, Cadena SER e Producciones del KO. Colabora coa revista Jot Down. Cuando no recuerdes mi nombre é a súa primeira novela.

As inscricións

Prazas esgotadas e lista de espera activa? Apúntate! Explicámosche por que. + info

Para ter en conta

Para o correcto desenvolvemento e aproveitamento das actividades rógase puntualidade xa que non se poderá acceder ao espazo pasados 5 minutos da hora de inicio.

No transcurso de todas as actividades o persoal bibliotecario realiza fotografías co obxectivo de subilas logo aos escaparates virtuais, redes sociais e/ou incluílas en carteis ou guías nos que se publicitan os programas, actividades e servizos das bibliotecas.

Se non desexas saír nestas fotografías, por favor, fala connosco antes do inicio da actividade.

Buscador de actividades

Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:

Se o prefires, combina distintos criterios na procura avanzada ou busca nun calendario

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión