Directorio de convocatorias actualizadas diariamente, para que poidas estar sempre informado/a.
236 resultados
03/05/2024
O centro Ágora acolle esta peza multidisciplinar na que Vero Rilo, Nuria Vil e Mónica de Nut, crean un universo singular arredor do legado de Luísa Villalta. O espectáculo forma parte do programa Agra no Ágora 2024, un programa financiado polo Concello da Coruña e deseñado en colaboración coa Asociación Veciñal Agra do Orzán.
Dende o 24/04/2024 ata o 23/05/2024
O Concello da Coruña convoca proceso selectivo para a cobertura, pola quenda libre, de 8 prazas de bombeiro/a. O sistema de selección será o de oposición.
04/05/2024
O Parque de Santa Margarida acollerá unha nova edición do Día da Ciencia na Rúa, na que 54 centros educativos de diversas localidades galegas amosarán actividades de bioloxía, tecnoloxía, matemáticas e física para todos os públicos. Xunto eles, persoal de entidades da investigación e divulgación presentarán unha ampla programación para toda a cidadanía e haberá actividades paralelas na contorna do edificio da Casa das Ciencias. Nos Museos Científicos Coruñeses haberá tamén xornada de portas abertas.
10/05/2024
Ata o 07/05/2024
O próximo 18 de maio celébrase o Día Internacional dos Museos, cuxo lema neste ano é "Museos pola educación e a investigación", e desde a Fundación María José Jove súmanse a esta conmemoración coa celebración dun Encontro profesional sobre Educación en Museos e Institucións Culturais.
Dende o 09/05/2024 ata o 19/05/2024
O festival LGBTIQ de artes escénicas que inaugura a acción cultural desde os espazos propios do Concello presenta a programación para este ano 2024.
29/04/2024
O Playa Club será un dos escenarios da xira que está a realizar polo noso país Marky Ramone, o baterista de casi toda a traxectoria de Ramones, cun concerto no que repasará todos os hits da mítica banda.
Dende o 24/04/2024 ata o 26/04/2024
A Facultade de Turismo da UDC celebra en abril o seu patrón cunhas xornadas dedicadas a Konstantínos Kaváfis nas que participarán importantes expertos de diferentes disciplinas que, durante tres días, instarán á reflexión e ao debate.
Dende o 03/05/2024 ata o 30/05/2024
O prazo de inscrición de cada actividade finaliza o domingo anterior ao comezo da mesma.
As casas da mocidade de Oleiros organizan unha serie de actividades durante o mes de maio.
Ata o 26/04/2024
A Universidade de Granada abre proceso selectivo de acceso libre para cubrir 17 prazas de persoal funcionario da Escala de Auxiliares de Arquivos, Bibliotecas e Museos da Universidade de Granada, Grupo C, Subgrupo C1. O procedemento de selección será o de concurso-oposición.
Ata o 07/05/2024
Cultura Inquieta, coa colaboración de Iberdrola, lanza a II edición de "Relato exprés", un concurso en Instagram de relatos curtos.
resultados 236
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible