Concello da Coruña

Concello da Coruña

Información Xuvenil

Área de Benestar Social

58 resultados

  • ExpOtaku 2024

    Cando:

    Dende o 24/05/2024 ata o 26/05/2024

    Volve á Coruña ExpOtaku, o evento dedicado ao mundo do anime, os videoxogos, o cosplay e o lecer alternativo que terá lugar, coma sempre, no recinto feiral de ExpoCoruña.

  • Actividades de maio no Espazo Xuvenil O Remanso

    Cando:

    Dende o 03/05/2024 ata o 17/05/2024

    O Espazo Xuvenil O Remanso organizan unha serie de actividades durante o mes de maio. As actividades son todas de balde, para rapaces e rapazas de 12 a 30 anos, ambos cumpridos.

  • Ruta fronte aos discursos de odio

    Cando:

    Dende o 17/08/2024 ata o 26/08/2024

    Aventeira organiza unha ruta de loitas sociais, políticas e históricas fronte aos discursos de odio coa cal se busca que persoas mozas, de entre 18 e 29 anos, percorran localizacións de Galicia, Castela e León e Asturias onde loitas populares presentes ou pasadas contribuíron (ou contribúen) a desmontar discursos de odio e procurar un mundo máis xusto para tódalas persoas e para o medio ambiente.

  • Seminario informativo sobre Voluntariado Europeo

    Cando:

    24/05/2024

    A Fundación Paideia organiza un novo seminario informativo para explicar en que consiste o programa de Voluntariado Europeo, un proxecto enmarcado dentro do Corpo Europeo de Solidaridade. As persoas asistentes poderán ademais plantexar preguntas e aclarar dúbidas.

  • Día Internacional dos Museos 2024

    Cando:

    18/05/2024

    O Concello da Coruña conmemora o día Internacional dos museos cun amplo abano de actividades para todos os públicos no Museo Arqueolóxico do Castelo de San Antón, as casas museo, o Quiosco Alfonso e as salas municipais de exposicións.

  • Espazo Diverso: programación maio

    Cando:

    Dende o 08/05/2024 ata o 28/05/2024

    O Espazo Diverso, espazo municipal das diversidades sexuais e identidades de xénero, abre o prazo de inscrición para as actividades e obradoiros que oferta durante este mes de maio.

  • Gala homenaxe a Luisa Villalta polas Letras Galegas 2024

    Cando:

    15/05/2024

    A Deputación da Coruña organiza no Teatro Colón un acto poético musical conducido por Yolanda Castaño e Dores Tembrás en homenaxe a Luísa Villalta. Tomando como punto de partida o prólogo de "Música Reservada", 6 artistas inspíranse para compoñer obras musicáis e performativas que dialogan intimamente entre o corpo e o mundo sonoro de Luísa Villalta.

  • Pint of Science 2024

    Cando:

    Dende o 13/05/2024 ata o 15/05/2024

    Pint of Science é un evento de índole internacional que invita aos investigadores máis punteiros a compartir os seus coñecementos nun ambiente relaxado e distendido. Tres días cheos de ciencia nos que os bares se transformarán en escenarios de aprendizaxe e de encontro, onde expertos de diferentes campos compartirán as súas investigacións de maneira accesible e entretida.

  • Sala Filomatic: maio

    Cando:

    Dende o 03/05/2024 ata o 31/05/2024

    A Sala Filomatic presenta a súa programación de concertos para o mes de maio.

  • Garufa Club: maio

    Cando:

    Dende o 03/05/2024 ata o 31/05/2024

    A sala Garufa Club presenta a súa programación de concertos e espectáculos para o mes de maio.

resultados 58

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión