Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Información Juvenil

Área de Bienestar Social

Actividades de maio no Espazo Xuvenil O Remanso

O Espazo Xuvenil O Remanso organizan unha serie de actividades durante o mes de maio. As actividades son todas de balde, para rapaces e rapazas de 12 a 30 anos, ambos cumpridos.

A quién va dirigido:

Para público en general

Cuándo:

Desde el 03/05/2024 hasta el 17/05/2024

Ya ha finalizado

Dirección:

Espazo Xuvenil O Remanso. A Coruña

Requisitos:

Idades: de 12 a 30 anos.

Contacto:

Espazo Xuvenil O Remanso 

Av. Fernández Latorre, 70, 15006 A Coruña

Tel.: 621 183 038

Para informarse e inscribirse nas que corresponda inscrición:

  • Espazo Xuvenil O Remanso.
  • 621 183 038 (teléfono dispoñible no mesmo horario do espazo).

Bótalles un ollo a continuación:

  • 03/05/2024 de 18:00 a 20:00 h. Origami Star Wars: Con esta actividade celebramos anticipadamente o 4 de maio, día de Star Wars. Trátase dun obradoiro de papiroflexia no que aprenderemos a elaborar figuras do universo de Star Wars, como por exemplo o famoso caza estelar X-wing.
  • 04/05/2024 de 18:00 a 20:00 h. Tarde de Karaoke: Proposta das persoas usuarias amantes das cancións. Achégate ao espazo xuvenil O Remanso se queres pasar unha divertida tarde cantando as túas cancions favoritas. Entrada libre.
  • 10/05/2024 de 17:00 a 22:00 h. Exposición Arte "Natureza e cidade": As obras presentadas serán preparadas para a súa exposición no espazo xuvenil O Remanso durante o mes de xuño de 2024.
  • 11/05/2024 de 18:00 a 21:00 h. Xogos de Rol: Xornada de aproximación aos xogos de rol. Da man da asociación Draco descubriremos diferentes universos de xogo e nos divertiremos resolvendo as aventuras que nos propoñan. Necesaria inscrición
  • 17/05/2024 de 18:00 a 20:00 h. Marcapáxinas de acuarela: Obradoiro para celebrar o día das Letras Galegas, este ano adicado a Luisa Villalta, escritora, filóloga e violinista. Xogando coa acuarela crearemos deseños únicos e persoais. Para rematar, coñeceremos a obra desta autora e plasmarémola con lettering nos nosos marcapáxinas. Necesaria inscrición

No Pierdas

No Pierdas

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión