Hai dúas grandes convocatorias anuais para inscribirse nas actividades periódicas, que coinciden ao redor dos meses de xaneiro e setembro. Estas actividades son as mesmas durante varios meses e co mesmo alumnado. Algunhas son gratuítas e outras teñen un prezo moi alcanzable.
Existen outras actividades cuxa programación é puntual ao longo do ano. Non teñen unha data fixa para anotarse e realízanse en calquera momento; aínda que algunhas adoitan coincidir con festividades ou conmemoracións sinaladas. Poden ser gratuítas ou de pago.
Outra modalidade son os clubs de actividades, os cales son dirixidos por persoal voluntario e repítense de ano en ano coas mesmas persoas. Son gratuítos e en ocasións quedan prazas vacantes, que se ofrecen nas convocatorias anuais.
Tamén se fan actividades para menores e mocidade en períodos especiais non lectivos como verán, Nadal ou Semana Santa.
Consulta a programación de actividades do teu centro cívico e as normas xerais para participares nelas.
Sen resultados.
02/05/2024
Dende o 04/04/2024 ata o 30/04/2024
Prazas limitadas, que se outorgarán por orde de inscrición.
A través desta exposición, a Fundación Barrié propón unha viaxe de descubrimento da mitoloxía, os heroes e os deuses que protagonizaron as narrativas de artistas que, cun extraordinario talento creativo e unha inspiración exuberante, foron capaces de transmitir a poética barroca no ronsel da tradición pictórica veneciana. As 52 obras (34 pinturas e 18 libros datados entre os séculos XVI e XVIII) que compoñen a mostra forman parte da colección da Fundación Querini Stampalia.

Centro Cívico Monte Alto. Rúa Vereda del Polvorín s/n. 15002 A Coruña
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible