Concello da Coruña

Concello da Coruña

Información Xuvenil

Área de Benestar Social

  • Inicio

Información Xuvenil

Os espazos municipais de información xuvenil do concello da Coruña, enmárcanse no servizo de Mocidade, dentro da área de Igualdade, Benestar Social e Participación. Caracterízanse por unha serie de trazos que os fai singulares e defíneos como instrumentos para facilitar a autonomía persoal da mocidade e para ofrecerlles unha atención integral e de calidade. Fronte a un modelo centralizado, o Concello da Coruña aposta pola descentralización dos servizos de información xuvenil e polo achegamento á mocidade, convertendo a dimensión territorial nun eixe estratéxico que permita a creación dunha nova relación co sector xuvenil na súa dimensión máis ampla.

Coñece a Rede de Información Xuvenil

A rede de espazos de información xuvenil da cidade caracterízase por ser centros xeneralistas nos que a xente nova pode atopar toda a información que necesitan: educación, lecer e tempo libre, mobilidade, asociacionismo, vivenda, emprego... Tamén contemplan asesorías especializadas, de centros de interese que, no transcurso dos anos, resultaron de máximo interese para as/os mozas/os da cidade.

Realizan, ademais, un traballo transversal que se desenvolve non só con outras áreas do Concello, senón tamén coas entidades xuvenís, asociacións e colectivos da cidade sendo un espazo que ofrece, ademais de información, recursos especializados atendidos por persoal cualificado e unha atención que oriente e acompañe á mocidade na toma de decisións.

Actualidade

  • Bolsas e axudas para o curso 2024-2025 da Fundación Ábaco

    Inscricións:

    Ata o 15/06/2024

    A Fundación Ábaco convoca axudas reintegrables ao estudo para alumnos que durante o curso académico 2024/2025 realicen estudos nos niveis de educación infantil, primaria, secundaria, bacharelato e Formación Profesional.

  • Ciclo de literatura "Somos o que lemos"

    Cando:

    08/05/2024

    O ciclo de literatura "Somos o que lemos" da Fundación Luis Seoane é unha proposta coordinada por Javier Pintor que achega ao público a actualidade do panorama literario convidando aos seus protagonistas a participar nunha serie de presentacións de acceso libre que buscan establecer unha conexión entre autoras/es e lectores/as. Este mes Emilio González Ferrín falará do seu libro "¿Qué es el islam?".

  • Bolsa de emprego de arquitectas técnicas e arquitectos técnicos do Concello de Porto do Son

    Inscricións:

    Ata o 08/05/2024

    Proceso selectivo, mediante o procedemento de concurso-oposición, para a formación dunha bolsa de emprego para o nomeamento de persoal funcionario interino (grupo A, subgrupo A2): Arquitecto Técnico ou Arquitecta Técnica.

  • 10 bolsas María Teo de formación no Instituto das Mulleres

    Inscricións:

    Ata o 22/05/2024

    O Ministerio de Igualdade convoca bolsas no Instituto das Mulleres para contribuír á formación en materias dirixidas a fomentar a igualdade real e efectiva entre mulleres e homes; a participación das mulleres na vida política, social, cultural e económica; e a eliminación de toda clase de discriminación por razón de sexo.

  • Certame literario Antón Tovar

    Inscricións:

    Ata o 20/05/2024

    O Padroado do Museo da Limia (Vilar de Santos) convoca o Certame Literario "Antón Tovar" en prosa e verso, con motivo do 20º cabodano do pasamento do poeta limiao.

  • Certame de Microrrelatos Día do Libro 2024

    Inscricións:

    Ata o 31/05/2024

    O Concello de Vilalba, coa colaboración de Culturalia GZ, convoca o VI Certame de Microrrelatos polo Día do Libro 2024.

Convocatorias

RRSS Información Xuvenil

@MocidadeCoruna en X

@MocidadeCoruna en Facebook

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión