Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Información Juvenil

Área de Bienestar Social

Programa de avais para a mocidade

OI GVS convoca este programa ten por obxecto prestar unha cobertura temporal e financeira, de carácter persoal, para a adquisición da primeira vivenda por aquelas persoas que na data de presentar a correspondente solicitude teñan menos de trinta e seis anos.

A quién va dirigido:

Para público en general

Inscripciones:

Desde el 01/03/2024 hasta el 30/10/2024

Requisitos:

Persoas beneficiarias

  • Que a persoa solicitante, que deberá ser quen vaia adquirir a vivenda, posúa a nacionalidade española ou a dalgún dos Estados membros da Unión Europea. En caso de persoas estranxeiras provenientes de países terceiros, estas deberán contar con autorización de estadía ou residencia en España. No suposto de que a vivenda sexa adquirida por máis dunha persoa, todas elas deberán cumprir este requisito.
  • Maior de idade e teña menos de trinta e seis anos. No suposto de que a vivenda sexa adquirida por máis dunha persoa, todas elas deberán cumprir este requisito.
  • Empadroada en Galicia. No suposto de que a vivenda sexa adquirida por máis dunha persoa, todas elas deberán cumprir este requisito.
  • Ingresos mínimos de 2 veces o IPREM e uns ingresos máximos de 5,5 veces o IPREM. A devandita porcentaxe máxima será do 6,5 veces o IPREM, se a vivenda é adquirida por máis dunha persoa.

Vivenda

  • Que a vivenda para a cal se outorga a garantía estea situada na Comunidade Autónoma de Galicia e vaia ser destinada a residencia habitual e permanente da/das persoa/s adquirente/s durante, cando menos, todo o período en que estea vixente a garantía.
  • Que o prezo de adquisición da vivenda, sen os gastos e tributos inherentes á adquisición, non supere os prezos de adquisición, segundo as zonas territoriais fixadas no anexo II onde se localice a vivenda:
    • Concellos correspondentes ao ámbito territorial de prezo máximo superior: 240.000 euros.
    • Concellos correspondentes á zona territorial 1: 180.000 euros.
    • Concellos correspondentes á zona territorial 2: 130.000 euros.
  • Non se outorgará a garantía cando a vivenda que se pretende adquirir non vaia constituír a primeira vivenda en propiedade da/s persoa/s adquirente/s. Tampouco se outorgará o aval cando a/as persoa/s adquirente/s sexan propietarios/as ou usufrutuarios/as dunha vivenda en España (comprobar excepcións na convocatoria).

Solicitudes

As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Remuneración / Coste:

  • A garantía prestarase ata un 20 % do prezo de adquisición da vivenda ou, de ser o caso, do seu valor de taxación, no suposto de que este sexa menor. En ningún caso se outorgará para garantir importes derivados de conceptos distintos dos indicados.
  • A garantía só se prestará cando a operación de financiamento con garantía hipotecaria estea destinada á adquisición da primeira vivenda en propiedade da persoa solicitante e o dito financiamento comprenda, cando menos, o 80% do prezo de adquisición ou, se é o caso, do valor de taxación, sen poder chegar a superar o 100% do respectivo importe.
  • O IGVS encargarase de comunicar á entidade financeira a resolución de concesión do aval, a cal servirá de toma de razón para o seu outorgamento e para a formalización do correspondente contrato de préstamo con garantía hipotecaria.

Página web:

Programa de avais para a mocidade

Contacto:

Xunta de Galicia

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

Instituto Galego Da Vivenda e Solo (IGVS)

Área Central, s/n Polígono de Fontiñas

15781  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 981 957 886

Publicación:

Procedemento sede electrónicaVI402B 

No Pierdas

No Pierdas

Inscripción en Actividades

Proceso de inscripción en las actividades. Después de haber cubierto y enviado un formulario recibirás un correo electrónico de confirmación.

+INFO

Cómo inscribirme en una actividad

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión