Os espazos municipais de información xuvenil do concello da Coruña, enmárcanse no servizo de Mocidade, dentro da área de Igualdade, Benestar Social e Participación. Caracterízanse por unha serie de trazos que os fai singulares e defíneos como instrumentos para facilitar a autonomía persoal da mocidade e para ofrecerlles unha atención integral e de calidade. Fronte a un modelo centralizado, o Concello da Coruña aposta pola descentralización dos servizos de información xuvenil e polo achegamento á mocidade, convertendo a dimensión territorial nun eixe estratéxico que permita a creación dunha nova relación co sector xuvenil na súa dimensión máis ampla.
A rede de espazos de información xuvenil da cidade caracterízase por ser centros xeneralistas nos que a xente nova pode atopar toda a información que necesitan: educación, lecer e tempo libre, mobilidade, asociacionismo, vivenda, emprego... Tamén contemplan asesorías especializadas, de centros de interese que, no transcurso dos anos, resultaron de máximo interese para as/os mozas/os da cidade.
Realizan, ademais, un traballo transversal que se desenvolve non só con outras áreas do Concello, senón tamén coas entidades xuvenís, asociacións e colectivos da cidade sendo un espazo que ofrece, ademais de información, recursos especializados atendidos por persoal cualificado e unha atención que oriente e acompañe á mocidade na toma de decisións.
Non perdas
Dende o 25/06/2024 ata o 13/09/2024
Dende o 20/05/2024 ata o 31/05/2024
ESFORZA é un programa de Actividade Física Adaptada que levan a cabo a Fundación María José Jove coa colaboración da Fundación Nemesio Dez. De carácter inclusivo, diríxese a persoas con e sen discapacidade que, con independencia das súas particularidades, desexan mellorar a súa calidade de vida a través de actividades deportivas saudables: ver e piragüismo inclusivos e axuda na praia.
18/05/2024
O 18 de maio, con motivo do Día Internacional dos Museos, a entrada á Casa das Ciencias, Domus e Aquarium Finisterrae será gratuíta.
Ata o 24/05/2024
O Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades convoca o XXXV Certame Novos Investigadores, un concurso dirixido a estudantes matriculados en centros docentes de Ensino SecundariaObligatoria, Bacharelato e Formación Profesional durante o curso 2023-2024 e que ten como obxectivo promover e incentivar a investigación en ensinos de etapas previas á universidade.
26/05/2024
Ata o 25/05/2024
A Coruña acolle a 4ª edición do Nationale-Nederlanden Plogging Tour, unha iniciativa que fusiona circuítos de deporte e actividade física ao aire libre, para todas as idades e nivel de condición física, coa conservación do medio ambiente a través da recollida do lixo.
Dende o 25/06/2024 ata o 06/09/2024
Ata o 16/06/2024
O Centro Xuvenil Abeiro organiza as Mañáns de Verán. A rapazada poderá desfrutar de obradoiros, xogos, xincanas de auga e moito máis.
A Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional convoca as probas de acceso ás ensinanzas deportivas para o curso 2024/2025.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible